Porta de estilo manuelino que da acceso ás escaleiras que suben ao andar desde o patio de San Marcos do Hospital Real.
Recuncho do patio do Colexio San Clemente con esculturas, columnas e capiteis de pedra que se podían ver na Exposición Rexional Galega.
Vista dun dos corredores do andar do claustro do Colexio San Clemente que albergaba a Sección Arqueolóxica da Exposición Rexional Galega con pezas de mobiliario, escultura e pintaura distribuídas en ambas paredes. Ao fondo, un home uniformado.
Vista da praza entre os diferentes pavillón da Exposición Rexional Galega; no centro, cadeiras dispostas en varias ringleiras